Pseudomonadales é unha orde de proteobacterias. Comprende especies quimiorganótrofas e xeralmente móbiles por flaxelos. Como todas as proteobacterias son bacterias gramnegativas. Os xéneros Azomonas e Azotobacter son bacterias fixadoras do nitróxeno de vida libre que pertencen a este grupo. Especies do xénero Pseudomonas son patóxenas de plantas, seres humanos e animais. Moraxella e Acinetobacter poden ser tamén patóxenas.
Sistemática Na subdivisión en familias das Pseudomonadales non hai un total acordo. A orde subdivídese nas familias Pseudomonadaceae e Moraxellaceae.Clasificación do NCBI Nalgunhas clasificacións colócase nesta orde unha terceira familia, as Azotobacteraceae, pero é controvertido, xa que outros asocian os xéneros Azotobacter e Azomonas coas Pseudomonadaceae, nas que formarían, xunto con Azorhizophilus, o grupo Azotobacter. De feito, análises recentes do xenoma non anotado de Azotobacter vinelandii indican que é máis apropiado agrupar esta bacteria coas da familia Pseudomonadaceae.Rediers H, Vanderleyden J, De Mot R. 2004. Azotobacter vinelandii: a Pseudomonas in disguise? Microbiology. 150Pt 5):1117-9. PMID 15133068. Tamén se propuxo a familia Branhamaceae, na que se acomodarían os xéneros Moraxella e Branhamella (pero hai sinonimias entre eses dous xéneros, polo que non parece apropiado).
A seguinte é unha lista de familias e xéneros:<ref>J.P. Euzéby: List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature - [http://www.bacterio.cict.fr/p/pseudomonadales.html Orde Pseudomonadales] </ref>:
Moraxellaceae Rossau et al. 1991: Acinetobacter Brisou e Prévot 1954 Alkanindiges Bogan et al. 2003 Enhydrobacter Staley et al. 1987 Moraxella Lwoff 1939 Moraxella catarrhalis (Frosch e Kolle1896) Henriksen e Bøvre 1968Syn. Branhamella catarrhalis (Frosch e Kolle 1896) Catlin 1970LPSN - Branhamella catharralis. Cita:"Nota: Branhamella catarrhalis (Frosch and Kolle 1896) Catlin 1970 (Approved Lists 1980) e Moraxella catarrhalis (Frosch and Kolle 1896) Henriksen and Bøvre 1968 (Approved Lists 1980) teñen a mesma cepa tipo e, por tanto, son sinónimos homotípicos [Regras 24a e 24b (1)]." Perlucidibaca Song et al. 2008 Psychrobacter Juni e Heym 1986 Pseudomonadaceae Winslow et al. 1917 Azomonas Winogradsky 1938 Azorhizophilus Thompson & Skerman 1981 Azotobacter Beijerinck 1901 Cellvibrio (Winogradsky 1929) Blackall et al. 1986 Mesophilobacter Nishimura et al. 1989 Pseudomonas Migula 1894 Rhizobacter Goto & Kuwata 1988 Rugamonas Austin & Moss 1987 Serpens Goto & Kuwata 1988
Notas e bibliografía
George M. Garrity: Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. 2. Auflage. Springer, Nova York, 2005, Volume 2: The Proteobacteria, Parte B: The Gammaproteobacteria
Categoría:Pseudomonadales