Santiso de Mabegondo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 966 habitantes (470 homes e 496 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 892 habitantes.

Cultura Topónimo Mabegondo é un posible antropónimo xermánico que xorde entre o século VII e X.

Patrimonio Pazo dos Quiroga ou Torres de Santiso de Mabegondo. De estilo renacentista, a fachada principal está flanqueada por dúas torres cúbicas simétricas (de tres alturas) construídas por Diego de Quiroga Reimóndez (Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantaría), con escudo de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza. Un dos descendentes deste soar foi Antonio Quiroga, militar e político que se destacou nos movementos revolucionarios de 1820 durante o reinado de Fernando VII e que chegaría a ocupar a vicepresidencia das Cortes. Posúe unha interesante portada con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio. Pazo de Pastoriza. Aínda que ten unha capela que data do século XVIII, a súa construción parece ser que foi iniciada moito antes. As súas fermosas e vetustas palmeiras danlle un singular aire de distinción. Os propietarios iniciais foron os Pardo de Andrade. É de planta rectangular coa capela contigua comunicada por un pasadizo pétreo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Mabegondo

Parroquias de Abegondo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abegondo

Categoría:Parroquias de Abegondo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiso Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía