Na antiga relixión celta, Ialonus Contrebis, Ialonus ou Gontrebis foi un deus (ou quizais dous deuses relacionados) adorados no que hoxe é Lancashire e Provenza. É coñecido por tres inscricións dedicatorias. Unha, en Lancaster, foi dedicada (en dativo) a Deo Ialono Contre Sanctissimo ("o máis sagrado Ialonus Contre[bis]"); outra, en Overborough en Kirkby Lonsdale, a Deo San Gontrebi ("o sagrado Gontrebis").RIB 600 and 610 , online at www.Roman-Britain.org. Na terceira inscrición, atopada en Nîmes, Provenza, Ialonus foi invocado en compaña da deusa Fortuna.L'Arbre Celtique. Ialonus

O nome Contrebis probablemente proveña da raíz protocelta trebo- 'casa'.Proto-Celtic—English lexicon . Universidade de Gales Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies. (See also this page for background and disclaimers.)

Notas

Categoría:Deuses britanos