Bedřich Schejbal, nado en 1874 sendo a data da súa morte descoñecida, foi un tirador de esgrima checo, gañador dunha medalla olímpica. Traxectoria Ao dividirse ao club de esgrima Regel por criterios lingüísticos en 1902 converteuse no primeiro presidente do club de lingua checa e despois pasou ao SK Slavia. Nos Xogos Olímpicos de 1908 celebrados en Londres competiu co equipo bohemio de sabre composto por Otakar Lada, Jaroslav Tuček, Vilém Goppold von Lobsdorf e Vlastimil Lada-Sázavský que logrou a medalla de bronce. Nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo participou tamén no equipo de sabre composto por Josef Čipera, Vilém Goppold von Lobsdorf, Josef Pfeiffer e Otakar Švorčík que foi eliminado na primeira rolda e quedou cuarto e último.

Notas

Categoría:Nados en 1874 Categoría:Esgrimistas da República Checa Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Bohemia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas olímpicos de Bohemia Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Nados en Praga