.ve é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Venezuela, creado o 7 de marzo de 1991 e actualizado o 15 de xullo de 2015.

O Centro de Información de Rede de Venezuela (NIC.VE) é o responsable da administración do espazo de nomes de dominio asignado para a República Bolivariana de Venezuela (VE), onde se mantén un sistema electrónico de rexistro de nomes de dominio e opérase unha rede de servidores, que provén á comunidade de usuarios de Internet dunha plataforma sólida e de confianza para manter a súa presenza na rede global de Internet.

Notas

Categoría:Dominios de Internet Categoría:Venezuela