miniatura|Bandeira de Castela. O Partido Castellano ou PCAS (Partido Castelán en galego) é un partido político español froito da unión de varias formacións castelanistas de índole rexionalista ou nacionalista, de provincialistas, de agrupacións electorais de ámbito local e provincial e de independentes das comunidades autónomas de Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela A Mancha, entre as que destacan Tierra Comunera e Candidatura Independiente, se ben este último finalmente se integrou só en parte.Tierra Comunera refundarase en xaneiro como Partido Castelán, 'ABC', 23 de decembro de 2008.

Definición O PCAS defínese como un partido alternativa ao bipartidismo PP-PSOE imperante nos territorios nos que opera, así como defensor do patrimonio histórico, cultural e ambiental desta. Defínese como castelanista e federalista dende o seu I Congreso Fundacional, que se celebrou en Toledo o 24 de outubro de 2009. Polo tanto, o Partido Castellano é unha formación que busca recuperar a identidade castelá diluída nas últimas décadas, e colocar a Castela como verdadeiro referente e motor de España, superando problemas endémicos como o despoboamento, o envellecemento, o éxodo dos mozos e o caciquismo imperante nas comunidades castelás, denunciando constantemente a corrupción dos dous grandes partidos.

O PCAS ten como obxectivo un ámbito de actuación circunscrito ás consideradas polo castelanismo como provincias de Castela, isto é, as actuais comunidades autónomas de Castela e León, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, A Rioxa e Cantabria, que pretende unificar nunha sola.El Partido Castellano aposta por crear a Comunidade Autónoma de Castela , La Razón, 7 de febreiro de 2011. se ben na actualidade só ten organizacións territoriais en tres destas comunidades:

Partido Castellano (PCAS) en Castela-A Mancha En Toledo o PCAS preséntase xunto a Unidad Regional Independiente para as municipais e á Deputación Provincial de Toledo Partido de Castilla y León (PCAL) en Castela e León. Partidos que conforman PCAL: Alternativa por Castilla y León (ACAL) Tierra Comunera (TC) Candidatura Independiente (CI) Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León (PPCCAL) Agrupación Ciudadana (AGRUCI) Partido Castellano de Madrid (PCASM) na Comunidade de Madrid

Historia En xullo de 2010 anunciouse que se presentaría ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2010 baixo a denominación Partido Castellano-Candidatura de las Culturas de Cataluña. Nas eleccións xerais de España de 2011 presentouse xunto ao Partido Regionalista Cántabro.

O Partido Castellano ten unha serie de reclamacións que mantivo intactas nos últimos anos e que herdou dos partidos anteriores que compoñen o Partido Castelán na actualidade como a loita contra o despoboamento, a unidade de Castela, ou a súa oposición a que o Condado de Treviño forme parte da provincia de Álava e sega a ser parte de Burgos. Porén, nos últimos anos, as súas reclamacións máis coñecidas foron de tipo ecoloxista. Por exemplo, oponse ao transvasamento de auga de ríos coma o Texo ao río Segura, e participa en todo tipo de plataformas e actos de protesta contrarios ao transvasamento en Castela-A Mancha; así mesmo tamén se opón á concesión de xestión dos ríos burgaleses Cadagua e Cerneja por parte do Concello de Bilbao. Tamén no terreo do medio ambiente, oponse á construción dunha mina de magnesita no concello soriano de Borobia e contra as actividades de fracking en Palencia e Burgos e á construción do ATC de Villar de Cañas (Cuenca) . Nos últimos anos mostrou a súa oposición á aprobación do novo estatuto de Castela-A Mancha, motivado especialmente pola nova lei electoral rexional que se formula no estatuto, e tamén fixeron críticas á aprobación do último estatuto de autonomía de Castela e León . Durante o Conflito no barrio de Gamonal na cidade de Burgos en xaneiro do 2014, o PCAS se puxo ao carón dos veciños do barrio e esixiu a dimisión do alcalde pola súa incapacidade en xestionar a situación.

O Partido Castellano buscou alianzas con outros partidos nacionalistas e rexionalistas doutras Comunidades autónomas para facer oir a súa voz nas institucións nacionais . Estas alianzas con estes partidos políticos levaron ao Partido Castellano a integrarse na coalición política Primavera Europea formada por varios partidos nacionalistas e ecoloxistas nas Eleccións Europeas de 2014 como EQUO, a coalición Compromís e a Chunta Aragonesista entre outros.. Os resultados da coalición Primavera Europea nas Eleccións Europeas de 2014 foron positivos, pois obtiveron un representante no Parlamento europeo, mentres que os resultados en votos da coalición nas Comunidades consideradas castelás foron os seguintes: Comunidade de Madrid: 44.148 (1,99%), Castela e León: 8.655 (0,9%), Castela-A Mancha: 5.711 (0,8%), Cantabria: 2.791 (1,3%) , A Rioxa: 1.483 (1,3%). Contudo* o PCAS xunto con EQUO protestou durante o día das votacións, pois as papeletas da coalición non chegaron a moitos colexios electorais de Guadalaxara e Cuenca; producíndose ademais certa confusión, pois nas papeletas aparecía EQUO xunto cun partido rexionalista estremeño pero non o PCAS. A coalición pediu a anulación e paralización das votacións neses colexios electorais pero sen éxito. Ao día seguinte, o PCAS pediu nun comunicado a dimisión dos subdelegados do Goberno nesas provincias por non cumpriren a lei electoral e causárenlles prexuízos nas votacións debido a falta de papeletas e a confusión xerada pola aparición doutras diferentes.

O Partido Castellano celebrou o seu congreso en outubro de 2014 en Burgos para preparar a súa estratexia política con respecto ás eleccións municipais e autonómicas de maio de 2015. En novembro de 2014, o partido se mostrou contrario á proposta do PP para reducir o número de deputados no parlamento rexional de Castela e León. Nese terceiro Congreso Nacional do partido, celebrado en Burgos o 25 de outubro de 2014, resultaron elixidos o toledano Pedro Manuel Soriano como presidente da formación, e o madrileño Javier Benedit como secretario xeral, substituíndo Mariano Fuente que presidira o partido dende 2009.

O PCAS acadou un acordo con Unidad Castellana para presentar unha candidatura conxunta en Castela-A Mancha ás eleccións eleccións municipais e autonómicas de maio de 2015.

Os resultados do PCAS nas eleccións autonómicas e municipais de 2015 foron en xeral malos. O partido sufriu un descenso importante de apoios nas tres autonomías nas cales presentou candidaturas para as autonómicas e as municipais. O descenso máis notable aconteceu en Castela e León, onde recibiu menos da metade de apoios que nas eleccións anteriores, e en consecuencia perdeu a metade dos seus concelleiros nesa comunidade. En Castela-A Mancha, a candidatura conxunta con Unidad Castellana fixo que o número de concelleiros aumentase, pero non de votos, pois globalmente o número de votos reduciuse. A escisión dunha parte importante do partido en Castela e León, que posteriormente formou o PRCAL, así como as novas tendencias políticas foron as causas do declive do partido nas eleccións autonómicas e municipais do 2015.

Escisión Dende a súa creación convivían dúas correntes ideolóxicas diferenciadas, unha máis oficial e castelanista partidaria da unión de toda Castela e outra crítica e rexionalista máis adaptada á realidade autonómica vixente.

Após o congreso de outubro de 2011 no que se aproba, por maioría democrática e case unánime, unha nova estratexia e abandono das siglas PCAL en Castela e León promovida pola dirección nacional, o sector rexionalista en Castela e León non acepta o cambio de siglas e abandona o partido para fundar un novo, o PRCAL.A presentación do PRCAL oficializa a escisión no Partido Castelán , El Correo de Burgos, 1 de febreiro de 2012. O novo partido pretende seguir unha liña encadrada na comunidade actual de Castela e León a diferenza do PCAS, que avoga pola unión da devandita comunidade e integrala noutra maior xunto coas de Madrid, Castela-A Mancha, A Rioxa e Cantabria para dotala de maior poder e forza no marco estatal actual.

Resultados Ano 2011 Eleccións Votos PCAS % PCAS Deputado(s)PCAS Votos PCAS % PCAS Deputado(s)PCAS Eleccións Xerais 2011 en España 348 < 0,01% 0 2.047 < 0,01% 0

Eleccións VotosPCAL %PCAL Procuradore(s)PCAL Votos PCAL %PCAL Concelleiro(s)PCAL Autonómicas 2011 ás Cortes de Castela e León e municipais 15.871 1,1% 0 13.868 0,96% 100 Eleccións VotosPCAS %PCAS Deputado(s)PCAS Votos PCAS %PCAS Concelleiro(s)PCAS Autonómicas 2011 ás Cortes de Castela-A Mancha e municipais 2.748 0,23% 0 907 0,08% 6

Eleccións VotosPCAS %PCAS Deputado(s)PCAS Autonómicas 2011 á Asemblea de Madrid 2.220 0,07% 0 Ano 2015 Eleccións VotosPCAL %PCAL Procuradore(s)PCAL Votos PCAL %PCAL Concelleiro(s)PCAL Autonómicas 2015 ás Cortes de Castela e León e municipais 4.447 0,33% 0 4.545 0,33% 51 Eleccións VotosPCAS %PCAS Deputado(s)PCAS Votos PCAS %PCAS Concelleiro(s)PCAS Autonómicas 2015 ás Cortes de Castela-A Mancha e municipais 1.534 0,14% 0 2.468 0,22% 21

Eleccións VotosPCAS %PCAS Deputado(s)PCAS Autonómicas 2015 á Asemblea de Madrid 2.118 0,07% 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web del PCAS "Siete partidos regionales se unen en PCAL, alternativa al bipartidismo entre PP y PSOE" El Norte de Castilla, 8/1/2009.

Categoría:Nacionalismo castelán Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Partidos políticos de España