O nome Ferreiriño desígnanse popularmente diferentes paxaros da orde Passeriformes, familia Paridae, aínda que tamén se aplica para denominar outros paseriformes doutras familias próximas. Outros nomes comúns a estes paxaros son os de ferreiro ou ferreirolo e, máis locais, ferreira (Dumbría), ferrete (Ares) e filosiña (Cangas de Morrazo).Dicionario de dicionarios. Pedreira López e Penas Patiño suxiren que o nome común lles vén do canto metálico destas aves, que lembra o golpear dun ferreiro sobre o incre.Gran Enciclopedia Galega, s.v. Ferreiriño. Pode referirse a:
Ferreiriño abelleiro (Parus major), hoxe chamado ferreiro real; Ferreiriño azul ou ferreiriño bacachís (Cyanistes caeruleus, antes Parus caeruleus); Ferreiriño de bigote (Panurus biarmicus, da familia Panuridae pero antes clasificado como da familia Paridae), hoxe chamado rabilongo das canaveiras; Ferreiriño de cara negra ou ferreiriño careto (Remiz pendulinus, da familia Remizidae), hoxe chamado pendureiro europeo; Ferreiriño cristado (Lophophanes cristatus, antes Parus cristatus); Ferreiriño montés (Poecile montana, antes Parus montanus); Ferreiriño dos piñeiros, ferreiriño negro ou ferreiriño común (Periparus ater, antes Parus ater); Ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris); Ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus, da familia Aegithalidae), hoxe chamado subeliño común; Ferreiriño da Laponia (Poecile cincta, antes Parus cinctus).
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Ferreiriño, lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo.
Notas
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos