Seven (estilizado como Se7en) é un filme estadounidense dirixido por David Fincher que se estreou en 1995. Está protagonizado por Brad Pitt e Morgan Freeman, con Gwyneth Paltrow, R. Lee Ermey e Kevin Spacey nos papeis secundarios.
Estreouse en galego o 24 de novembro de 2015 na TVG.
Sinopse O veterano tenente Somerset (Morgan Freeman), do departamento de homicidios do Policía de Nova York, está a piques de xubilarse e ser substituído polo ambicioso e impulsivo detective David Mills (Brad Pitt). Ambos terán que colaborar na resolución dunha serie de asasinatos cometidos por un psicópata que toma como base a relación dos sete pecados capitais: gula, preguiza, soberbia, avaricia, envexa, luxuria e ira. Os corpos das vítimas conteñen pistas valiosas que asasino deixou deliberadamente para que converter o xogo nun auténtico crebacabezas para os policías .
Personaxes
Brad Pitt como Detective David Mills Morgan Freeman como Detective Tenente William Somerset Gwyneth Paltrow como Theresa "Tracy" Mills Richard Roundtree como Martin Talbot Richard Schiff como Mark Swarr R. Lee Ermey como Capitán de Policía John C. McGinley como California Kevin Spacey como John Doe Julie Araskog como Mrs. Gould Mark Boone Junior como Greasy FBI Man John Cassini como Oficial Davis Reg E. Cathey como Coronel Peter Crombie como Dr. O'Neill Hawthorne James como George Michael Massee como Man na cabina do Massage Parlour Leland Orser como Home tolo en Massage Parlour Richard Portnow como Dr. Beardsley Daniel Zacapa como Detective Taylor Alfonso Freeman como Técnico de pegadas Harris Savides como Operador 911 Andy Walker como Home morto Richmond Arquette como Delivery Man Charles S. Dutton como Policía
Galardóns e nomeamentos 1995: Nomeado ó Oscar: Mellor montaxe. 1995: Nomeado ós Premios BAFTA: Mellor guión orixinal. 1995: National Board of Review: Mellor actor secundario (Kevin Spacey). 1995: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Kevin Spacey).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Fincher Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego