O Val de Miñor, tamén chamado por influencia castelá Val MiñorDiciopedia do século 21 "Miñor, Val": Comarca vizosa do SO galego, cunha extensión de 150 km²...Enciclopedia Galega Universal "Val Miñor": Comarca natural das Rías Baixas situada ao S da provincia de Pontevedra e ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia...Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada "VAL MIÑOR": Bisbarra natural localizada no cuadrante sudoccidental de Galicia, no contorno do tramo final de costa das Rías Baixas...valminor.info Portal do Val Miñor., é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar.
Xeografía Abrangue unha superficie total de 143,75 km², que sumaba en 2022 unha poboación de 45 373 habitantes.
Os concellos conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.
Topónimo histórico: Val de Miñor Segundo Gonzalo Navaza, Val de Miñor é a forma tradicional e orixinal para se referir a esta bisbarra. Documéntase dende o século XIII. A forma Val Miñor debe entenderse como unha regaleguización da forma deturpada e castelanizada Valle Miñor, que se espallou grazas á prensa. Dende esta publicación, varias entidades, como o Instituto de Estudos Miñoráns, empregan a forma orixinal Val de Miñor.
Secasí, ao carecer de entidade administrativa (na división comarcal de Galicia, os tres concellos pertencen a comarca de Vigo), ningún dos dous topónimos pode denominarse oficial.
Demografía Concello Extensión(en km²) Poboación(en 2022) Densidade(hab./km²) 10px Baiona 34,47 12 349 358 10px Gondomar 74,51 14 970 200 10px Nigrán 34,77 18 054 519Total 143,75 45 373 315 Fonte: Instituto Galego de Estatística.
Descrición 275px|miniatura|Ponte da Ramallosa sobre o río Miñor. Une Sabarís (Baiona) coa Ramallosa (Nigrán). Debido a expansión da cidade de Vigo, os concellos que formaban o Val Miñor foron absorbidos pola comarca de Vigo a comezos do século XXI. O seu nome débese ao río Miñor. A foz do río é de gran valor ecolóxico especialmente polas súas aves, que son permanentemente rexistradas por numerosos ornitólogos.Blog Aves do Val Miñor.
Hoxe en día o termo Val Miñor é usado por distintas asociacións comúns aos tres concellos (ás veces dous) de carácter político, empresarial ou cultural, entre outros. Unha das institucións máis representativa é a asociación cultural Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).
Poboación por parroquias
ParroquiaConcelloPoboaciónBaionaBaiona4.788San Pedro da RamallosaNigrán4.712NigránNigrán3.897PanxónNigrán3.744GondomarGondomar3.588Santa Cristina da RamallosaBaiona3.246PriegueNigrán2.168VinciosGondomar2.096BaíñaBaiona1.749Santa Baia das DonasGondomar1.458CamosNigrán1.449MañufeGondomar1.364BorreirosGondomar1.249BelesarBaiona1.204MorgadánsGondomar1.199ParadaNigrán1.154BaredoBaiona1.085PeitieirosGondomar918ChaínGondomar889VilazaGondomar879ChandebritoNigrán455CousoGondomar416
O Val Miñor na cultura popular Terra por terra, BarzademeraBarzademera, por Barcia de Mera.; millor por millor, val de Miñor.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ría de Baiona Instituto de Estudos Miñoráns Val Miñor TV
Categoría:Comarcas da provincia de Pontevedra