Este artigo trata sobre un templo galego, para a Virxe da Peneda en Portugal véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.
A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como capela da Virxe da Peneda, é unha ermida barroca situada na parroquia de Soutomaior. Sitúase no monte da Peneda, que delimita os concellos de Soutomaior e Redondela.
Historia
A capela construíuse arredor do século XVIII sobre os restos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. É de estilo barroco. O teito foi orixinariamente de madeira, mais a finais do século XIX foi substituído por unha cúpula de pedra. Ten base rectangular cunha cuberta a dúas augas dunha nave dividida en dous tramos por un arco faixón de medio punto, con bóveda de canón e arco triunfal apuntado.Miguel González. As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica
O 5 de agosto celébrase a romaría na honra á Virxe das Neves.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
O Viso: Terra Meiga. Información sobre a Capela da Virxe das Neves Turismo de Redondela
Categoría:Soutomaior Categoría:Igrexas barrocas de Galicia Categoría:Capelas de Galicia Neves