Jean-Baptiste Mimiague, nado en Villefranche-sur-Mer o 3 de febreiro de 1871 e finado en Niza o 6 de agosto de 1929, foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París na proba de florete individual, logrando a medalla de bronce. Desde 1919 foi mestre de armas no London Fencing Club.

Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Mestres de armas Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Francia Categoría:Nados no departamento de Alpes Marítimos Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1900 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1900