As Quintás é un lugar da parroquia de Rañestres no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2012 tiña 32 habitantes (18 homes e 14 mulleres). Patrimonio
esquerda|miniatura|Hórreos nas Quintás.
Na aldea está a igrexa parroquial de San Mamede. Á entrada da aldea, vindo do lugar do Mato, hai unha fonte e un lavadoiro construídos en pedra a principios da década de 1950 por Severino Rodríguez, canteiro do lugar, que tamén fixo o cruceiro da praza da igrexa.
Lugares e parroquias Lugares de Rañestres
Parroquias de Maside
Notas
Categoría:Lugares de Maside