Uxío Marcos Nores, nado en Ourense o 11 de xaneiro de 1993, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa central.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Deportivo da Coruña e proclamouse campión da División de Honra co equipo xuvenil na tempada 2009/10. Na seguinte tempada debutou co Fabril na Segunda División B, co que disputou tres partidos ese ano, antes de converterse en titular indiscutible na zaga do filial na 2012/13.

O 8 de setembro de 2013, da man do adestrador Fernando Vázquez, debutou co primeiro equipo do Deportivo na Segunda División, nun partido contra o Murcia en Riazor. Uns días despois xogou o seu primeiro partido na Copa do Rei, contra o Córdoba no Nuevo Arcángel, sufrindo un golpe e fracturando varios ósos do nariz.

No verán de 2014 quedou libre e fichou polo Córdoba B, de Segunda División B. Acabou descendendo a Terceira ese ano, e tamén o seguinte, no que xogou no Atlético Astorga, cedido pola Ponferradina. En xullo de 2016 asinou co Bugos CF, co que xogou 14 partidos antes de fichar polo La Roda no mercado invernal.

Finalmente fichou polo Cerceda, co que disputou sete encontros da Segunda B, antes de deixar o fútbol con só 25 anos.

Selección española Foi internacional coa selección española sub-17, coa que disputou o Campionato Europeo de 2010 celebrado en Liechtenstein. Xogou dous encontros durante o torneo, incluída a semifinal fronte a Turquía, na que España venceu, logrando o pase á final.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador.com en BDFutbol Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en sofifa.com Datos do xogador en futbol-talentos.es

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do La Roda CF Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17