O libro Systema Naturæ (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.
O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767tomus II (Regnum vegetabile)tomus III (Regnum lapideum)
Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.
A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.
miniatura|Systema naturæ. Cuberta da 10ª edición (Estocolmo, 1758).|esquerda|323x323px Descrición Linneo publicou a primeira edición do Systema naturae no ano 1735, durante a súa estancia nos Países Baixos. Como era costume para a literatura científica da época, o libro publicouse en latín. Nel expoñía as súas ideas para a clasificación xerárquica do mundo natural, dividíndoo nos clásicos tres reinos, o reino animal (Regnum animale), o reino vexetal (Regnum vegetabile) e o "reino mineral" (Regnum lapideum).
Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de estames se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os seres humanos foron por primeira vez colocados xunto a outros primates (como Anthropomorpha).
En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da décimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as baleas foron (erroneamente) clasificadas como peixes; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como mamíferos.O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a Cornide Saavedra que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu Ensaio sobre os peixes de Galicia. Nesta mesma edición introduce para as especies animais un nome científico formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada nomenclatura binomial, algo que xa fixera para as especies de plantas en 1753, na publicación de Species Plantarum.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Blunt, Wilfrid (2004): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. Londres: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. Resumo Brightwell, Cecilia Lucy (1858): A life of Linnaeus. Londres: J. Van Voorst. Ver libro en liña
Outros artigos Sistemática Taxonomía Historia da botánica Historia da zooloxía
Ligazóns externas Sexta edición (1748), Estocolmo: Caroli Linnæi: Systema naturæ sistens regna tria naturæ, in classes et ordines, genera et species redacta tabulisque æneis illustrata, editio sexta emendata et aucta 1748, Stockholmiæ, impensis Godofr. Kiesewetteri (Kiesewetter publ..) Décima edición (1758), Estocolmo: Caroli Linnæi: Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) Duodécima edición (1766-78), Estocolmo: Caroli Linnaei: Systema naturae per regna tria naturae, tomus I (Regnum animale) pars 1 / Caroli a Linné Editio duodecima reformata 1766, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.), tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767, tomus II (Regnum vegetabile), tomus III (Regnum lapideum)
Categoría:Bioloxía sistemática Categoría:Taxonomía Categoría:Carl von Linné