Arturo Briones Varela, nado en Zaragoza en 1901 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 1936, foi un médico e político español.

Traxectoria Fillo de Arturo Briones Saenz, Tenente Coronel do Rexemento de Zaragoza, e irmán de Cesáreo Briones Varela. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1925. Marchou a Zaragoza, pero regresou para ser médico municipal de Frades, residindo en Gafoi. En xuño de 1930 recibiu unha homenaxe popular en Frades. Durante a Segunda República foi militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Compostela por rebelión militar o 16 de novembro,El Eco de Santiago, 16-11-1936, p. 2. foi condenado á pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 28 de novembro de 1936.

Vida persoal Casou con Pura Varela Curvera en 1925.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Categoría:Médicos de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela