José Jeremías Montero, nado en Santiago de Compostela en 1892 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1944, foi un practicante e político galego.

Traxectoria Fillo de José Jeremías Cabezas e Encarnación Montero Pasantino, sobriña de Eugenio Montero Ríos. Fíxose practicante en 1926. Na Segunda República foi nomeado practicante municipal de Santiago de Compostela en setembro de 1931. Foi vogal do Centro Republicano de Santiago de Compostela (1931),La Voz de Galicia 6-8-1931, p. 8. tesoureiro do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega (1932),La Voz de Galicia, 9-2-1932, p. 9 e militou en Vanguardia de Izquierda Republicana.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado polos montes da Mahía. Foi detido en 1937 acusado de incitar aos gardas para botarse á rúa e intentar asaltar o cuartel de artillaría, acción que en realidade protagonizou o seu irmán Juan Jeremías Montero. Foi xulgado en Compostela por auxilio á rebelión o 20 de marzo de 1937.El Eco de Santiago, 20-3-1937, p. 2. Aínda que o fiscal solicitaba cadea perpetua, finalmente foi condenado a 9 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Central de Santa Isabel, da que saíu en liberdade provisional en 1940.BOE, 5-8-1940, p. 5424-5427. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1949.BOE, 30-10-1949, p. 2389. Finou en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1944.Necrolóxica en El Correo Gallego, 12-11-1944, p. 2.

Vida persoal Casou con María Arca Guerra. A súa única filla, Encarna Jeremías Arce, finou en abril de 1941 con 23 anos.El Correo Gallego, 4-4-1941, p. 3.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1944

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes