José Pintos Quinteiro, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade) en 1899 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Chofer. Era un dos principais dirixentes do PSOE pontevedrés, e foi elixido vicepresidente da agrupación socialista en xuño de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo unha participación destacada no Comité para a defensa da República organizado no goberno civil e, xunto cos compañeiros Manolo Amoedo, Valeriano Riobó, os irmáns Martínez Vázquez, e outros, tomou parte nas requisas de autos e armas ordenadas polas autoridades. Logo da saída á rúa dos militares refuxiouse no barrio da Moureira, nunha casa na rúa de Xan Guillerme propiedade de Benito Lago Currás. A policía rexistrou a casa en varias ocasións sen resultado. O 25 de agosto Pintos escapou cara San Xurxo de Sacos nun taxi propiedade do veciño do Marco Andrés Vázquez. Foi detido no seu domicilio en San Xurxo de Sacos ás 21 horas do día 26 por dous gardas civís e un cívico de Cerdedo Cotobade. Foi asasinado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada como causada por ferida de arma de fogo no cranio. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago de 150 pesetas en 1940.BOE, 6-10-1940, p. 4665.

Vida persoal

Casou con Dolores Fontanes Bugallo. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Na lembranza de José Pintos Quinteiro.

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1899

Categoría:Finados en 1936