San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 421 habitantes (219 homes e 202 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.

Xeografía A parroquia de Vilarraso ten unha superficie de 20,8 km² e 11 núcleos de poboación.

Situación Está situada no sur do concello de Aranga e no extremo norte do arciprestado de Sobrado.

Limita ó norte coa parroquia de Muniferral; ó oeste coas de Fervenzas e Rodeiro (do concello de Oza Cesuras); ó leste coa de Aranga; e ó sur coas de Fisteus, Curtis e Foxado do concello de Curtis.

Noroeste: Fervenzas Norte: Muniferral Nordeste: Aranga Oeste: Fervenzas e Rodeiro 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Aranga Suroeste: Fisteus Sur: Curtis Sueste: Foxado

Está comunicada pola N-VI e pola AC-231, que inicia o seu percorrido na propia N-VI no lugar da Castellana en dirección Teixeiro (Curtis) e Sobrado. A A-9 atravesa a parroquia, existindo un acceso moi próximo na contigua parroquia de Muniferral.

No extremo sueste pasa un pequeno tramo de vía férrea da liña A Coruña-Palencia onde está situado o apeadoiro de Aranga, actualmente sen funcionamento, nos lugares do Apeadoiro e do Apeadeiro (este último na parroquia de Aranga).

Historia A parroquia naceu coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta. Eclesiasticamente foi formada por 19 lugares procedentes de 4 parroquias, 3 arciprestados e 2 concellos:

Lugares Parroquia Arciprestado Concello A Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo), Solmé, Vilarraso e Vilourís Muniferral Xanrozo Aranga Carballo Torto, A Graña, Orosa e Santiso Aranga Pruzos A Espiñeira, A Gulpilleira, As Paredes e Vilardois Curtis Sobrado Curtis Samel Foxado

Porén, a parroquia civil unicamente se formou cos lugares pertencentes ó concello de Aranga. De feito, no censo de 1887, Vilarraso aparecía composta só cos lugares procedentes da parroquia de Muniferral e aínda non incluía os de Aranga.

En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, perdendo a freguesía o lugar de Penas do Porto, o cal foi incorporado á parroquia de Curtis, igual cós lugares dos Campos, Cencasas, Os Couceiros, A Lagoa e Porto da parroquia de Fisteus (Curtis).

Demografía Século XIX-XX 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 421 812 794 791 865 902 843 797 688 593 602 552 525 520

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 528 526 512 504 492 481 474 467 455 453 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 442 440 442 435 424 418 428 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Cultura Topónimo O topónimo Vilarraso é un topónimo latino que fai referencia á orografía, que é a dun lugar ou vila situado nun terreo chan ou raso.

Patrimonio Patrimonio arqueolóxico Na parroquia atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:

+ Nome Lugar Tipo Idade A Carbona/A Mámoa Orosa Túmulo megalítico Neolítico Castrobó Castrobó Asentamento fortificado Idade de Ferro Os Castros/A Chousa Vella Vilourís Asentamento fortificado Idade de Ferro A Mámoa/A Medoña Os Ferreiros Túmulo megalítico Neolítico A Mámoa Penas do Porto Túmulo megalítico Neolítico Mámoa da Formiga Os Ferreiros Túmulo megalítico Neolítico Mámoas das Penas I (15) Penas do Porto Túmulo megalítico Neolítico Mámoas das Penas II (3) Penas do Porto Túmulo megalítico Neolítico Mámoas do Petón (11) A Carballeira Túmulo megalítico Neolítico As Medoñas (5) Os Carneiros Túmulo megalítico Neolítico Medoñas de Laboreiro Queimado (5) Montes de Orosa Túmulo megalítico Neolítico Petróglifo das Penas Penas do Porto Petróglifo Indeterminado

Etnografía Vilarraso na cultura popular Da Castellana viña unha nena / e estaba cansadiña de andar; / gustoume e pedinlle un bico / pero ela non che mo quixo dar. Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga. Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren. No Monte Salgueiro hai boas mozas, / na Castellana a flor delas, / e ao pasar o monte de Orosa / caravillas prás cancelas.

Festas e celebracións Feira, os días 3 de cada mes na Castellana. Festas patronais de Orosa, na honra de San Xusto, o 31 de maio. Festas patronais, na honra de San Lourenzo, o 10 de agosto.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Vilarraso

Parroquias de Aranga

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Aranga

Categoría:Parroquias de Aranga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía