Adrianus Egbert Willem de Jong, máis coñecido como Arie de Jong, nado en Plantungan (Indias Orientais Neerlandesas) o 21 de xuño de 1882 e finado na Haia o 23 de decembro de 1966, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador de cinco medallas olímpicas.
Traxectoria
Oficial profesional, foi un dos grandes tiradores de esgrima. En 1906 participou nos Xogos Intercalados sen lograr medalla, o mesmo ca nos Xogos Olímpicos de 1908. Nos Xogos Olímpicos de 1912 logrou medallas de bronce en sabre e espada por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1920 foi medalla de bronce en sabre individual e por equipos e nos Xogos Olímpicos de 1924 foi de novo bronce en sabre por equipos.
Ao longo da súa carreira gañou 18 títulos nacionais (entre 1910 e 1928), 2 campionatos de Europa (1922 e 1923) e gañou a proba de espada no Campionato Mundial Militar de 1936.
Véxase tamén Ligazóns externas Sports-Reference
Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Militares dos Países Baixos Categoría:Esgrimistas olímpicos dos Países Baixos Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Países Baixos Categoría:Nados en Xava Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924