A presa do Rei no río Grande de Xuvia, entre os concellos de Narón e Neda, foi construída nos anos 1791 a 1795 para mover a maquinaria da Real Fábrica de Xuvia. Actualmente é empregada por Galicia Textil para xerar 200 kW de potencia eléctrica.
Descrición Situada a 1,40 km da desembocadura do río na ría de Xuvia a presa foi construída como unha das infraestruturas auxiliares dos estaleiros da ría de Ferrol o encoro era da Real Fábrica de Xuvia.
Durante o século XIX, o encoro serviu a enerxía necesaria para o funcionamento da Real Casa da Moeda de Xuvia, situada augas abaixo, na desembocadura do río Grande de Xuvia.
Actualmente o encoro produce electricidade para Galicia Textil. O encoro tamén ten unha canle artificial para que os peixes remonten o río.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Galicia Textil Lista de encoros de Galicia
Categoría:Neda Categoría:Narón Rei