Pío S. Carrasco Iglesias, nado en 1871 e finado en Vilagarcía de Arousa o 2 de marzo de 1932, foi un empresario e político galego.
Traxectoria En 1894 fundou no Carril unha empresa como armador de buques. Finalmente a empresa dedicouse a consignataria co nome Pío S. Carrasco Corredor e intérprete de buques. Foi concelleiro de Vilagarcía de Arousa e na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde o 1 de outubro de 1923, permanecendo no posto ata o 29 de xaneiro de 1924. Finou en en Vilagarcía de Arousa o 2 de marzo de 1932.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-3-1932, p. 5.
Vida persoal
Foi pai de Pío, José, Elena, Julia e Dámaso Carrasco Duaso. Pío e Damaso incorporáronse ao negocio familiar a finais dos anos vinte. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Historia de P&J Carrasco
Categoría:Empresarios de Galicia
Categoría:Armadores
Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1932