Gustavo Fernández Arias, nado en Manzaneda o 24 de decembro de 1903 e finado na Coruña o 20 de agosto de 1985, foi un político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito e notario de profesión, exerceu en Verín, Vilalba, Tudela e Cáceres. Militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi alcalde de Verín de maio de 1953 ata xaneiro de 1955. Foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Ourense (1953-1955).

Recoñecementos Gran Cruz do Mérito Civil, 1955. Cruz de San Raimundo de Peñafort.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes