miniatura|dereita|Estrutura cristalina do TAFI (PDB 3D66). A carboxipeptidase B2 (CPB2) tamén chamada carboxipeptidase U (CPU), carboxipeptidase B do plasma (pCPB), ou inhibidor da fibrinólise activable pola trombina (TAFI)OMIM é un encima que intervén na coagulación do sangue, que nos humanos está codificado polo xene CPB2 situado no cromosoma 13.

Función

O CPB2 sintetízase no fígadoKaushansky K, Lichtman M, Beutler E, Kipps T, Prchal J, Seligsohn U. (2010; edition 8: pages 1833-1834 and 2040-2041) Williams Hematology. McGraw-Hill. ISBN 978-0-07-162151-9 e circula no plasma como un cimóxeno unido ao plasminóxeno (procarboxipeptidase B2)Bouma BN, Marx PF, Mosnier LO, Meijers JC. Thrombin-activatable fibrinolysis inhibitor (TAFI, plasma procarboxypeptidase B, procarboxypeptidase R, procarboxypeptidase U). Thromb Res. 2001 Mar 1;101(5):329-54. PMID 11297751 . Cando é activado por proteólise no residuo Arg92 polo complexo trombina/trombomodulina, adquire actividade de carboxipeptidase. O CPB2 activado reduce a fibrinólise ao eliminar os residuos C-terminais da fibrina que son importantes para a unión e activación do plasminóxeno.

As carboxipeptidases son encimas que hidrolizan enlaces peptídicos no extremo C-terminal. A familia das carboxipeptidases comprende metalocarboxipeptidases, serina carboxipeptidases e cisteina carboxipeptidases. Segundo a súa especificidade de substrato, estes encimas denomínanse carboxipeptidases A (que clivan residuos alifáticos) ou carboxipeptidases B (que clivan aminoácidos básicos). A CPB2 é unha metalocarboxipeptidase. A proteína codificada por este xene é activada pola trombina e actúa sobre os substratos típicos das carboxipeptidases B. Unha vez activada pola trombina, a proteína madura regula á baixa a fibrinólise.

esquerda|miniatura|400px|Fibrinólise simplificada. As frechas azuis indican estimulación, e as vermellas inhibición.

Isocimas

Neste xene e na súa rexión promotora describíronse polimorfismos. As análises de datos de secuencia dispoñibles indican que hai variantes de splicing que codifican diferentes isoformas (ver isoencima).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Carboxipeptidase B Fibrinólise

Bibliografía

Categoría:Hidrolases Categoría:Coagulación do sangue