Antonio Buján Pérez, nado en Ribadavia en 1892Las plazas de la Villa ourensana de Ribadavia (Parte I) e finado en Valencia o 29 de decembro de 1942, foi un avogado, agrarista e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Gumersindo Buján Buján. Fixo o bacharelato no Instituto de Ourense e estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid,Expediente de Antonio Buján Pérez e Dereito na Universidade de Salamanca. Integrouse en Acción Gallega e participou nas súas campañas de mobilización contra o caciquismo e os foros entre 1910 e 1914. Presidiu o Centro Republicano de Ribadavia constituído en 1912.La Correspondencia Gallega, 23-10-1912, p. 2. Foi presidente da Sociedade de Agricultores de Ribadavia (1913-1916). Dirixiu o Comité Provincial Agrario de Ourense desde 1916. Proclamou a República en Francelos o 23 de agosto de 1917. Coa folga xeral de 1917 fuxiu a Portugal con José López Requejo. A súa amante Angelita Ero Ruvira foi detida en Arbo en agosto de 1917 cando intentaba pasar a Portugal.El Correo de Galicia, 22-8-1917, p. 2. Buján e López Requejo foron detidos en Ribadavia á súa volta en xaneiro de 1918.Diario de Pontevedra, 18-1-1918, p. 3. Foi xerente de La Raza (1918). Nas eleccións a Cortes de 1918 presentouse como republicano polo partido xudicial de Ribadavia contra o conservador José Estévez Carrera e os liberais Adolfo Merelles Martel e José Millán Astray, non conseguiu ser elixido por escasos votos de diferenza sobre Estévez Carrera. Volveu presentarse nas eleccións de 1920 pero por irregularidades na mesa electoral de Ribadavia tampouco foi elixido. Foi concelleiro de Ribadavia (1919). Difundiu o abolicionismo dos foros desde 1919, apoiado pola esquerda obreira e socialista. Foi detido e encarcerado en Ribadavia con Manuel Suárez Castro en decembro de 1920 por participar nun mitin obreiro no Ribeiro.El Compostelano, 7-12-1920, p. 2. Organizou e presidiu a Federación Provincial de Sociedades Agrarias en 1921, adheríndoa á UGT. Dirixiu La Zarpa e colaborou en El Socialista.
Volveu ser concelleiro de Ribadavia en 1930, na última corporación municipal antes da proclamación da República. Foi elixido presidente do Comité Republicano de Ribadavia formado en abril de 1930.El Pueblo Gallego, 9-4-1930, p. 7. O 14 de abril de 1931 encabezou a comisión republicana que destituíu ao alcalde monárquico de Ribadavia, Constantino Gómez Fernández. Durante a Segunda República foi un dos políticos máis importantes do Partido Radical en Ourense polo seu liderado entre as organizacións agrarias da provincia. Foi candidato radical pola provincia de Ourense nas eleccións de 1931. En 1931 dirixiu El Radical. Volveu ser candidato nas eleccións de 1933.El Pueblo Gallego, 28-10-1933, p. 8. Tamén foi presidente do Avia FC (1914) e do Ribadavia FC (1925).
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi tenente de milicias no Batallón de Retaguardia número 21 en Orgaz.Ficha de Antonio Bujan PerezFicha de Antonio Bujan Perez Finou no cárcere de Valencia o 29 de decembro de 1942.En recuerdo de todas las víctimas Vida persoal
Casou con Leonor Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Ribadavia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Ribadavia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Xornalistas de Ribadavia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Represaliados polo franquismo