O melón é un órgano de forma ovalada formado por unha substancia de natureza lipídica que se encontra na fronte da maioría dos odontocetos e que se cre que se utiliza para a ecolocación.
Función miniatura|250px|Cabeza dunha beluga onde se observa a gran prominencia frontal que alberga o melón. miniatura|250px|O melón axuda á ecolocación.
Estruturalmente, o melón forma parte do aparato nasal e comprende a maior parte do tecido entre o espiráculo e a punta do nariz. É un órgano ovoide que se encontra na rexión facial dos odontocetos. Normalmente é asimétrico, lixeiramente desviado cara ao lado dereito. Encóntrase sobre unha almofadiñaa de tecido conectivo denso, sobre as turbinas óseas do cranio.
O tamaño do melón non se relaciona coa máxima profundidade alcanzada nas inmersións dos cetáceos. A súa función aínda non foi aclarada totalmente, pero se cre que é un compoñente bioacústico, como un medio de enfocar os sons utilizados na ecolocación e adaptador de impedancia.A función como adaptador de impedancia implica a creación dunha similitude entre as características deste tecido e a auga circundante, de tal modo que a enerxía acústica pode fluír cara ao exterior da cabeza e penetrar no medio acuoso cunha mínima perda de enerxía.Algúns científicos crían erroneamente que o melón se utilizaba para somerxerse e como flotador. Pero estas ideas foron descartadas nos últimos 40 anos e deixaron de ser consideradas válidas polos cetólogos.
Os lípidos (graxas, aceites e ceras) dentro da cabeza dos odontocetos son quimicamente distintos. Estes teñen a característica infrecuente de que trasmiten os sons a diferente velocidade dependendo da composición química e que son tóxicos para o metabolismo. Parece como se esta estrutura lipídica especializada evolucionou como compoñente da máquina bioacústica dos odontocetos. O melón e os tecidos lípidicos mandibulares que están involucrados na produción e recepción do son están compostos de ácidos graxos ricos en ácido isovalérico.A composición bioquímica dos lípidos en varios odontocetos cambia segundo a idade do individuo, o que suxire que a ecolocación non está completamente desenvolvida cando estes animais nacen.
Notas
Categoría:Cetáceos