San Tomé de Monteagudo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 353 habitantes (184 mulleres e 169 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 429 habitantes.

Patrimonio Igrexa de San Tomé de Monteagudo. Pertencente a un antigo mosteiro beneditino. Ten planta basilical con tres naves que rematan en tres ábsidas semicirculares. Da fachada románica só se conserva a zona das ábsidas, decoradas con canzorros. En reformas posteriores modificouse a fachada, engadindo sancristía en lateral dereito.

Festas A festa patronal de Monteagudo é San Tomé, o 21 de decembro.

Amais celébrase Santa Lucía, o 13 de decembro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Monteagudo

Parroquias de Arteixo

miniatura|esquerda|As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arteixo

Categoría:Parroquias de Arteixo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé