O zifio caldeirón, Hyperoodon ampullatus,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 313. ou tamén cifio caldeirón,Guía dos mamíferos de Galicia, Juan Ignacio Díaz d'a Silva, Yosy Cartelle Serantes, Baía Edicións, 2007. é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).Hyperoodon en Mammal Species of the World.

Careacterísticas e bioloxía Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).

A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.

Comportamento É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.Hiperoodon planifrons en ADW.

Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.Hyperoodon ampullatus en MarineBio.org.

Distribución Encóntrase en augas do océano Atlántico Norte e o océano Ártico, entre Islandia, o suroeste de Svalbard e as costas do norte de Europa, chegando até Nova Escocia (Canadá), e como límite sur as illas Azores. Nas súas migracións nadancara ao norte durante a primavera e cara ao sur no outono.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Zifíidos Zifios caldeirón Zifio caldeirón austral

Ligazóns externas Hyperoodon ampullatus en Arkive. Contén informacións e imaxes da especie. Hyperoodon ampullatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Contén informacións sobre a especie.

Categoría:Ziphiidae Categoría:Cetáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1770 Categoría:Mamíferos de Galicia