Os Castros de Torre é un poboado castrexo situado no lugar de Tamarín na parroquia de Bascoi, (Mesía).
Morfoloxía O xacemento está formado por un único recinto, inda que sería posible que houbera un antecastro. O recinto principal é duns 65 metros no eixo L-O e está defendido por un parapeto de ata 3 metros de altura e un foxo. Na zona N-O aprécisase que puido haber un segundo parapeto Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía..
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación Está rodeado por unha pista que corta parcialmente o terraplén oriental. Os labores agrícolas e o achanzamento da zona ocultan os dous parapetos e o foxo que no ano 1988, cando se describiu, se apreciaban.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Categoría:Castros de Mesía