Santa Locaia de Branzá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 140 habitantes (68 homes e 72 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Patrimonio Igrexa parroquial de Santa Locaia de Branzá. Edificada no século XVIII. Ten un retablo de estilo neoclásico (A Igrexa). Reitoral (A Igrexa), en estado ruinoso. Capela da Santa Cruz (Baiobre), construída en 1906 pola familia Salgado. Capela da Casa Grande de Baiobre -propiedade da Familia Salgado- (Baiobre), en estado ruinoso. Capela da Virxe das Dores (Loureiros), na Casa Grande de Loureiros. Capela de San Xosé (Branzá), en estado ruinoso. Foi construída polos señores de Mera. Castro de Couto Cornado (Baiobre), sen escavar. Castro de Branzá, sen escavar.

Lugares e parroquias Lugares de Branzá

Parroquias de Arzúa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arzúa

Categoría:Parroquias de Arzúa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Locaia