O ácido lignocéricoPubChem compound - Lignoceric acidChEBI. Lignoceric acid ou ácido tetracosanoicoChemSpider. Tetracosanoic acid é un ácido graxo saturado de 24 carbonos coa fórmula C23H47COOH. Encóntrase no alcatrán derivado da madeira (obtido da destilación seca da madeira de piñeiro), forma parte de varios cerebrósidos, e aparece en pequenas cantidades na maioría das graxas naturais. O aceite de cacahuete contén pequenas cantidades de ácido lignocérico (1,1% – 2,2%). Este ácido graxo é tamén un subproduto da produción de lignina. O seu punto de fusión é de 84,2 °C
A redución do ácido lignocérico rende lignoceril alcohol.
Notas
Categoría:Ácidos graxos