Homo antecessor é unha especie humana, ou subespecie, que data de hai 1.2 millóns de anos a 800 mil anos. Foi descuberta por Eudald Carbonell, Juan Luis Arsuaga e J. M. Bermúdez de Castro. H. antecessor é unha das especies humanas que máis pronto colonizaron Europa.

Estivo en debate por arqueólogos e antropólogos cal é a relación de H. antecessor con outras especies de Homo de Europa e estímase que é un paso evolutivo entre o Homo ergaster e Homo heidelbergensis, inda que hai propostas de que unha especie que diverxeu de H. ergasterKlein, Richard. 2009. "Hominin Disperals in the Old World" en The Human Past, ed. Chris Scarre, 2º ed., p. 108. (en inglés). Outros suxiren que H. antecessor é a mesma especie que H. heidelbergensis, que tiña habitado Europa desde hai 600 mil a 250 mil anos atrás, no Plistoceno.

O fósil que está mellor conservado é unha maxila que pertence a un individuo desde 10 anos de idade e que se levantou dun sitio arqueolóxico de España. As medidas paleomagnéticas estiman que é un resto máis vello ca 780–857 miles de anosFalguères, Christophe; J. Bahain; Y. Yokoyama, J. Arsuaga, J. Bermudez de Castro, E. Carbonell, J. Bischoff and J. Dolo (1999) "Earliest humans in Europe: the age of TD6 Gran Dolina, Atapuerca, Spain"; Journal of Human Evolution 37 (3-4): 343-352 (351) (en inglés).. A media do volume cerebral é de 1,000 cm3. No 1994 e 1995 levantáronse sitios arqueolóxicos en Atapuerca e recolléronse 80 fósiles. Obtivéronse multitude de exemplos de cortes en fresco de ósos e que indicaría que H. antecessor practicaba o canibalismoFernández-Jalvo, Y.; Díez, J. C.; Cáceres, I. and Rosell, J. "Human cannibalism in the Early Pleistocene of Europe (Gran Dolina, Sierra de Atapuerca, Burgos, Spain)", Journal of Human Evolution. Vol 37. páx 591-622. 1999.(en inglés)

Os sitios arqueolóxicos de H. antecessor que se atoparon foron en España na Gran Dolina e na Sima del Elefante en Atapuerca, en Suffolk e Norfolk en Inglaterra e en Lézignan-la-Cèbe en Francia.

Notas

Categoría:Homínidos Categoría:Fósiles descritos en 1997 Categoría:Prehistoria de España