miniatura|230px|Tursiops aduncus miniatura|230px|Tursiops australis Tursiops é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que reúne tres especies coñecidas como arroaces, que se encontran amplamente difundidas en todos os mares do mundo.

Etimoloxía O nome latino Tursiops deriva do grego antigo θύρσος týrsos, "tirso", o báculo enramado que levaba o deus Baco e as bacantes que participaban no seu culto, e o elemento do latín científico -ops, que deriva do grego ώψ óps, "vista", "aparencia", e que quizais fose o nome dunha especie de golfiño,Merriam-Webster's Unabridged Dictionary. ou talvez do feito que os arroaces se denominen en inglés bottlenose dolphins, é dicir, "golfiños con fociño de botella".

Taxonomía Durante moito tempo os científicos pensaron que o xénero Tursiops era monoespecífico, coa única especie Tursiops truncatus, aínda que moitos pensaban en que podería haber máis dunha.

Desde que en 1998 Rice recoñeceu como válida a especie Tursiops aduncus (que fora descrita por Ehrenberg en 1833) houbo un crecente consenso de que o xénero estaba formado por estas dúas especies.Tursiops Grevais, 1855 en ITIS.

Pero recentes estudos de xenética molecular permitiron un mellor coñecemento deste problema, anteriormente insuperábel, e unha terceira especie, Tursiops australis foi descrita en 2011.Kate Charlton-Robb, Lisa-Ann Gershwin, Ross Thompson, Jeremy Austin, Kylie Owen e Stephen McKechnie (2011): "A New Dolphin Species, the Burrunan Dolphin Tursiops australis sp. nov., Endemic to Southern Australian Coastal Waters" Ver en liña PLoS ONE 6 (9): e24047.

Polo tanto, na actualidade están recoñecidas tres especies dentro do xénero:

Xénero Tursiops Tursiops aduncus (Ehrenberg, 1833) — dos océanos Índico e Pacífico Tursiops truncatus (Montagu, 1821) — o noso arroaz, de distribución mundial Tursiops australis (Charlton-Robb et al., 2011) — das costas do sur de Australia

Características As principais características das especies do xénero Tursiops son as seguintes:Carwardine, M. (1995), pp. 192-193.

Corpo fusiforme, robusto, de 1,9 a 3,9 m de lonxitude nos adultos. Coloración variábel, en xeral gis azulada polo dorso e máis clara no ventre. Cabeza grande, coa fronte máis ou menos arredondada, debido ao melón Fociño rematado nun bico relativamente curto (en ralación co doutros golfiños), de lonxitude e grosor variábeis. Pedúnculo caudal groso.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Delfínidos

Ligazóns externas Tursiops en ADW.

Categoría:Delphinidae