Beta é un xénero de fanerógamas, soadas en horticultura da familia das Amaranthaceae. A este xénero pertencen plantas tan populares coma a beterraba (Beta vulgaris) ou a acelga (Beta vulgaris var. cicla).

O nome beterraba deriva do substantivo francês betterave (sendo bette a acelga, e rave nabo). O colo tuberizado serve, para alén dos fins culinarios, produción de azucre (sacarosa). Tamén existe unha variante cultivada para alimentación animal. É común achar que a beterraba é unha raíz, como a cenoria, porén o órgano de reserva é o caule, mais especificamente o colo da planta.

Descrición Son herbas suculentas con talo engurrado e follas alternas, xeralmente enteiras. Flores perfectas, solitarias ou agrupadas en inflorescencias axilares; cada grupo unidos polas súas bases; brácteas miúdas herbáceas; bractéolas moi pequenas ou ausentes. Periantio con 5 lóbulos. Utrículo (froita) fechado dentro do periantio e connados polas súas bases para formaren unha inflamación que se desprende na madureza. Semente lenticular ou en forma de ril, brillante.

Comprende 59 especies descritas e destas, só 12 aceptadas. en PlantList

Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 222. 1753. A especie tipo é: Beta vulgaris L.

Especies aceptadas A seguir amósase unha listaxe das especies do xénero Beta aceptadas até outubro de 2012, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.

Beta corolliflora Zosimovic ex Buttler Beta lomatogona Fisch. & C.A.Mey. Beta macrocarpa Guss. Beta macrorhiza Steven Beta nana Boiss. & Heldr. Beta palonga R.K.Basu & K.K.Mukh. Beta patellaris Moq. Beta patula Aiton Beta procumbens C.Sm. ex Hornem. Beta trigyna Waldst. & Kit. Beta vulgaris L. Beta vulgaris var. cicla - acelga Beta vulgaris var.alba - beterraba forraxeira Beta vulgaris subsp. vulgaris var. altissima - beterraba azucreira Beta vulgaris subsp maritima ou Beta maritima - acelga mariña Beta webbiana Moq.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Flora of North America Editorial Committee, e. 2003. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 1. 4: i–xxiv, 1–559. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Chenopodiaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemal a - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 137–143.

Outros artigos Beterraba Beterraba azucreira Acelga

Categoría:Hortalizas