George Andrew Romero, nado en Nova York o 4 de febreiro de 1940 e finado o 16 de xullo de 2017 en Toronto, foi un director de cine, guionista e editor estadounidense de orixe galega.
Romero é descrito a miúdo como un influente pioneiro do xénero cinematográfico de terror e foi chamado o "pai dos filmes de zombis" e considerado unha "icona". En varias ocasións contou o impacto que tiveron nel as historias da Santa Compaña que lle contaban as súas tías da Coruña, No documental "George Romero: zombis e Santa Compaña" explórase esa relación.
Traxectoria George A. Romero naceu en Nova York, no barrio do Bronx, sendo fillo de Anne Romero (nada como Dvorsky) e George Romero, un artista comercial. A súa nai era de orixe lituana, e o seu era un galego que emigrou até Cuba sendo un neno. O seu pai naceu en Galicia, posiblemente na Coruña, sendo a súa familia orixinaria da vila de Neda,George A Romero: un director de cine casi nedense , article by historian Manuel Pérez Grueiro in Revista de Neda. Anuario Cultural do Concello de Neda, nº 11, pp 21-24, 2008, re-published on Central Librera Ferrol bookshop's website.Os zombis teñen orixe galega, Praza Pública, 1/10/2013. e alí viviu até os dous anos de idade. Criouse en Cuba, pero emigrou moi novo a Nova York. O seu avó naceu na Mourela do Medio (Neda), no fondo da ría de Ferrol, e emigrou a Cuba, aínda que sempre regresaba a Galicia cando a muller estaba embarazada, porque quería que os seus fillos nacesen no país.
Comezou a rodar curtametraxes e anuncios en 1960. Tras unha primeira experiencia no terror fundou cuns amigos a produtora Images Ten Productions, coa que filmou en 1968 A noite dos mortos viventes, que acabou por se converter nunha película de culto. A súa familia galega colaborou no financiamento do filme.
Considerado o gran creador das películas de zombis (ás que volvería repetidamente na súa carreira), nos seus filmes emprega o terror para reflexionar sobre temas sociais, como o racismo (Night of the Living Dead), o consumismo (Dawn of the Dead) ou a loita de clases (Land of the Dead).
Filmografía Ano Filme Director Guionista Montador Actor Personaxe1968A noite dos mortos viventesWashington reporter 1971There's Always Vanilla1973Season of the WitchThe CraziesMayor1978MartinFather Howard ZombieTV Director1981Knightriders1982Creepshow1985Day of the DeadZombie with scarf Document of the DeadEl mesmo1987Creepshow 2Drive-In MadnessEl mesmo1988Atracción diabólica1990Tales from the Darkside: The MovieTwo Evil EyesNight of the Living Dead1991O silencio dos cordeirosAxente do FBI en Memphis1993The Dark Half2000BruiserThe American NightmareEl mesmo2004Dawn of the Dead2005Midnight Movies: From the Margin to the MainstreamEl mesmoLand of the DeadPuppeteer2006Night of the Living Dead 3D2007Diary of the DeadPolice Chief Arthur Katz 2008Day of the DeadDead On: The Life and Cinema of George A. RomeroEl mesmo2009Deadtime StoriesEl mesmoSurvival of the Dead2010The Crazies2011Deadtime Stories 2El mesmo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na imdb
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia lituana Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América