Louis Malle, nado en Thumeries (Departamento de Norte, Francia) o 30 de outubro de 1932 e finado en Beverly Hills (California) o 23 de novembro de 1995 foi un director de cine francés.
Traxectoria Antes de pasarse ao cine comezou os estudos de ciencias políticas. Traballou como codirector e operador de cámara de Jacques Cousteau en Le Monde du silence, que gañou a Palma de Ouro en Cannes e o Oscar ó mellor documental en 1957, ademais de traballar con outros directores coma Robert Bresson.
Debutou co suspense Ascenseur pour l'échafaud en 1957. Aínda que en ocasións é asociado coa nouvelle vague, realmente o seu traballo non corresponde coas teorías dos directores desta tendencia.
A finais dos setenta trasladouse aos Estados Unidos, onde continuou a súa carreira dirixindo filmes en inglés como Atlantic City que alternou con outros en francés como Au revoir, les enfants. Con estas dúas películas gañaría o León de Ouro en Venecia. En 1980 casou coa actriz estadounidense Candice Bergen.
Moitas das súas películas foron obxecto de polémicas polos temas que trataba, como Le souffle au cœur (1971), no que trataba o tema do incesto, Lacombe Lucien (1974), sobre o colaboracionismo nazi ou Pretty Baby (1978), no que Brooke Shields interpretaba unha prostituta de doce anos.
Vida persoal Casou en 1965 con Anne-Marie Deschodt, até 1967. Da súa relación con Gila von Weitershausen tivo un fillo en 1971 (Manuel Cuotemoc Malle) e da relación con Alexandra Stewart tivo, en 1974, unha filla (Justine Malle). Dende 1980 até a súa morte, estivo casado coa actriz estadounidense Candice Bergen, con quen tivo outra filla Chloé François Malle, en 1985. Morreu por mor dun linfoma o 23 de novembro de 1995 nos Ánxeles, aos 63 anos.
Obra
Primeiro período francés
1953 : Crazeologie (curtametraxe) 1955 : La Fontaine de Vaucluse (curtametraxe) 1955 : Station 307 (curtametraxe) 1955 : Le Monde du silence (documental) coréalisé avec Jacques-Yves Cousteau, Palme d'or au festival de Cannes 1957 : Ascenseur pour l'échafaud 1958 : Les Amants 1960 : Zazie dans le métro 1962 : Vie privée 1962 : Vive le Tour ! (curtametraxe documental) coréalisé avec Jacques Ertaud 1963 : Le Feu follet 1964 : Bons baisers de Bangkok (curtametraxe documental) 1965 : Viva Maria ! 1967 : Le Voleur 1968 : Histoires extraordinaires - segment William Wilson (medio metraxe) 1969 : Calcutta (documental) 1969 : L'Inde fantôme (serie documental para televisión) 1971 : Le Souffle au cœur 1973 : Humain, trop humain (documental) 1974 : Place de la République (documental) 1974 : Lacombe Lucien 1975 : Black Moon 1976 : Close Up (court métrage documentaire) 1977 : Dominique Sanda ou Le rêve éveillé (court métrage documentaire)
Período estadounidense
1978 : La Petite 1980 : Atlantic City 1981 : My Dinner with Andre 1983 : Crackers 1985 : Alamo Bay, a badía do odio 1985 : God's Country (documental) 1986 : ...À la Poursuite du Bonheur (documental)
Segundo período francés
1987 : Au revoir les enfants 1990 : Milou en mai 1992 : Damage 1994 : Vanya on 42nd Street
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados no departamento do Norte Categoría:Finados en 1995 Categoría:Directores de cinema de Francia