Obdulio Naves Fernández, coñecido como Asturiano, nado en La Felguera (Langreu) e finado en Recesende o 3 de abril de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Xornaleiro e comunista. Chegou a Lugo en 1941 para establecer contactos cos guerrilleiros da zona. Foi detido en 1943 e estivo uns dous meses en prisión. Volveu ao monte e integrouse na Terceira agrupación. Foi abatido en Recesende nun tiroteo coa Garda Civil o 3 de abril de 1946 xunto con Leandro Llorente Navarro. Foron soterrados no cemiterio da parroquia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Covas, Recesende… 1946

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas

Categoría:Nados en Langreu

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en 1946