Robert Bresson, nado en Bromont-Lamothe o 25 de setembro de 1901 e finado o 18 de decembro de 1999, foi un director de cinema francés. A súa influencia no cinema levou a Jean-Luc Godard a escribir que "Robert Bresson é ao cinema francés o que Dostoievski á novela rusa e Mozart á música alemá"."Robert Bresson", ficha en They Shoot Pictures, Don't They? .
Traxectoria Pouco se sabe dos primeiros anos da súa vida, e mesmo hai dúbidas sobre o seu ano de nacemento. Fotógrafo nos seus inicios artísticos, Bresson rodou a súa primeira curtametraxe en 1934. Durante a segunda guerra mundial pasou un ano nun campo de prisioneiros, experiencia que logo utilizou en Un condamné à mort s'est échappé ou Le vent souffle où il veut.
En cincuenta anos de carreira só dirixiu trece longametraxes, nas que plasmou a súa idea dos actores-modelo: os actores eran obrigados a repetir as tomas ata que a súa interpretación quedase libre de case calquera emoción. En 1975 escribiu Notes sur le Cinématographe, un influente libro sobre teoría do cinema.
Obra Les Anges du péché (1943) Les dames du Bois de Boulogne (1945) Journal d'un curé de campagne (1951) Un condamné à mort s'est échappé ou Le vent souffle où il veut (1956) Pickpocket (1959) Procès de Jeanne d'Arc (1962) Au hasard Balthazar (1966) Mouchette (1967) Une femme douce (1969) Quatre nuits d'un rêveur (1971) Lancelot du Lac (1974) Le diable probablement (1977) L'Argent (1983)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados no departamento de Puy-de-Dôme Categoría:Finados en 1999