David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

Traxectoria

Estudou Arquitectura e Ciencias Exactas en Madrid. Exerceu como profesor de Aritmética, Xeometría Práctica e Elementos de Construción na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña, e despois como catedrático de Matemáticas do Instituto Nacional de Ensino Medio. Ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Murguía, Florencio Vaamonde e Jaime Ozores de Prado, o 28 de marzo de 1925, da que foi secretario (1926-1936), e presidente nos últimos meses da súa vida. Dirixiu a revista Galicia Nueva, órgano da Xuventude Católica coruñesa, foi membro da Asociación Católica Nacional de Propagandistas e secretario do centro de propagandistas da Coruña, membro da Unión Patriótica, presidente provincial da Unión Monárquica Nacional e membro dos Caballeros de La Coruña en 1936, corpo parapolicial que axudou nas tarefas de represión e control da orde na cidade logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Finou por mor dunha pulmonía.

Obras É autor de “Contribución al estudio de la trisección del ángulo” e un traballo sobre a construción da media proporcional de dous segmentos. Como bibliógrafo e historiador foi autor de traballos sobre a historia dos logaritmos, Juan Caramuel e Juan Jacobo Durán Loriga.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Diccionario Biográfico Español v. XIX. 2011. Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-96849-75-4.

Ligazóns externas

Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega

Categoría:Presidentes da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Bibliógrafos Categoría:Finados por pneumonía