O Independiente Rugby Club, é un equipo español de rugby da cidade de Santander. Trátase do único club cántabro que ten chegado a competir na División de Honra, en concreto durante as tempadas 1978-79, 1979-80, 2013-14, 2014-15, 2015-16, 2016-17 e 2017-18. Historia O club fundouse no mes de outubro do ano 1971 por iniciativa da Federación Cántabra de Rugby que promoveu a creación de catro equipos entre diversas institucións universitarias. Despois de acadar dous títulos rexionais en 1972 e 1975 ascendeu á segunda división do rugby nacional. Tres anos despois acadaba o ascenso á División de Honra coincidindo co cambio de formato desta competición, que pasaba de contar con 10 equipos a contar con 32. O Independiente disputou dúas tempadas na máxima categoría do rugby español (1978-79 e 1979-80) para descender de novo. Durante moitos anos estivo competindo no 2º e no 3º nivel do rugby español.

A presenza de novo do equipo na máxima competición nacional fíxose agardar máis de 3 décadas. Foi na tempada 2012-13 cando o club acadou o ascenso despois de rematar primeiro na División de Honra B. Dende a tempada 2013-14 compite na máxima categoría do rugby español con bastante éxito, pois rematou no cuarto posto da clasificación os dous primeiros anos e no terceiro posto a seguinte tempada, e mesmo foi finalista na Copa do Rei en 2013-14, perdendo a final por 40-18 fronte ó VRAC.

A seguinte táboa amosa a traxectoria do primeiro equipo sénior masculino dende a súa creación nas competicións ligueiras: Categoría201817161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372Div.Honra 4º6º3º4º4º 8º 6º Div.HonraB 1º 4º 9º 1ª Nacional 1º2º6º5º4º2º6º 1º2º1º2º1º3º4º6º5º 12º 9º7º 9º 7º 1º1º 6º5º6º Rexional 1º 1º A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. Fonte.

Tempada actual

Terreo de xogo 300px|miniatura|Campo Municipal de San Román O Independiente xoga os seus encontros como local no Campo Municipal de San Román, un recinto deportivo construído en 2010 que conta cunha tribuna cuberta e un terreo de xogo de herba artificial.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Deporte en Santander