San Xoán da Riba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.
Historia Consérvanse o petróglifo da Teixoeira, na aldea da Carballeira; o petróglifo da Pena de Miñato, na aldea de Ferreiros, xacemento este formado por catro grupos de gravados no superior; e o conxunto de mámoas nas Brañas de Ferreiros. A tradición oral fala dun poboamento que se localizaba na proximidade da lagoa das Brañas de Ferreiros, e que por motivos descoñecidos, se afundiu nas augas da lagoas. Atopouse restos de cerámica nesa zona.
Tamén hai dous grupos de mámoas no lugar de Carballeira e nas Teixoeiras ou Campo das Minas. Segundo a tradición oral o nome do sitio viña de que por alí había ferro. Está o grupo do Campo da Feira cun total de cinco túmulos e o de Barreiros con catro. Próximo ao lugar da Bafadoira atopánse a de Costolla e un grupo de tres mámoas chamadas de Ventureira, e cerca do Campelo atopamos a Mámoa das Brañas e a do Campo da Tilla. En Vigobó tamén está a mámoa do Castelo e a mámoa da Mina dos Mouros, este último nun bo estado de conservación.
Igrexa A igrexa de San Xoán da Riba é orixinaria de estilo románico, sufrindo varias remodelacións entre os séculos XVII e XVIII. A día de hoxe é un conxunto de estilos entre os que se pode apreciar en diferentes partes da súa estrutura o barroco e o neoclásico.
No lugar da Riba existiu unha capela, xa desaparecida.
Feira da Carballeira Neste lugar celebrábase unha feira de concesión real os últimos domingos de cada mes á que, ademais do gando das inmediacións, acudían vendedores de panos, lenzos, praterías e grans de todo tipo. Xa no 1851 se ten constancia da súa celebración. No 1897 esta feira foi trasladada á Baña.
Arquitectura popular
Muíños de Antelo, moía seis meses coa auga do río e fonte Eimil. da Carballeira, ídem ao anterior. da Portela, moía seis meses, en Trece, no río Eimil. de Abaixo ou o da Cova do Batán, ídem ao anterior o da Cova do Batán, ídem Ponte de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Vilanova. o da Braña de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Ponte Riveiro. do Relo, no lugar de Loureiro, moía catro meses con auga da Braña e Rego das Pegas. de Pintella de Ferreiros, que moía seis meses con auga da Fonte pedra de Silvariño.
Festas 24, 25 e 26 de xuño: San Xoán 1º domingo de outubro: O Rosario.
Lugares e parroquias Lugares da Riba
Parroquias da Baña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña
Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán