O termo veo (e aberto) pódese referir a: Veo, peza de tecido, xeralmente fino, coa que se cobre ou separa algo; por exemplo o que usan as mulleres para cubriren a cabeza e, en ocasións, a face (ex. veo de noiva). En sentido figurado: aquilo que impide a visión clara dunha cousa.
Veo, en micoloxía, é unha estrutura que cobre o píleo e o talo dos cogomelos inmaturos. Hai dúas clases: Veo universal; Veo parcial; Veo do padal, en anatomía, zona muscular situada na parte posterior do padal que separa a cavidade bucal da farinxe; Veo umeral, en relixión, pano que os eclesiásticos colocan sobre os ombreiros para algunhas cerimonias litúrxicas.
Outros significados Veo (e pechado) ou vío pódese referir a: Veo, extremo superior do eixo do rodicio do muíño de auga, sobre o que se sostén a capa; Veo, peza que, ao xirala sobre si, produce á súa vez un movemento de rotación nun mecanismo co que está en comunicación, manubrio, manivela; Veo de manivelas; Veo, eixo onde se mete a canela no tear; Veos, varas longas e flexíbeis que se colocan arredor do palleiro.
Expresións Darlle ao veo: falar moito e seguido
Véxase tamén Outros artigos Vea