Sophia Magdalena Scholl, máis coñecida como Sophie Scholl, nada o 9 de maio de 1921 e finada o 22 de febreiro de 1943 foi unha estudante e revolucionaria alemá, membro activo do grupo de resistencia non violento Rosa Branca contra a Alemaña nazi. Foi detida por alta traizón despois de ser descuberta distribuíndo panfletos contra a guerra na Universidade de Múnic xunto co seu irmán Hans. Como resultado disto, ámbolos dous foron executados na guillotina.
Dende os anos 1970, Scholl é considerada unha heroína alemá pola súa activa oposición contra o Terceiro Reich durante a segunda guerra mundial.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sophie Scholl – Die letzten Tage (2005), filme baseado na súa vida. Bibliografía Aretz, Bernd: Sophie Scholl. Der Mut, sich selbst treu zu sein. Ein Lebensbild. Neue Stadt Verlag, München 2013, ISBN 978-3-87996-987-6. Bald, Detlef: „Wider die Kriegsmaschinerie“. Kriegserfahrungen und Motive des Widerstandes der „Weißen Rose“. Klartext Verlag, Essen 2005, ISBN 3-89861-488-3. Beuys, Barbara: Sophie Scholl. Biografie. Carl Hanser Verlag, München 2010, ISBN 978-3-446-23505-2.
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Revolucionarios Categoría:Asasinados polo réxime nazi Categoría:Personalidades de Alemaña Categoría:Nados no distrito de Hohenlohe