As Estreptococáceas (Streptococcaceae) son unha familia de bacterias pertencente á orde das Lactobacillales. Esta familia foi proposta en 1974 por Deibel et SeeleyDEIBEL (R.H.) and SEELEY Jr. (H.W.): Family II. Streptococcaceae. In: R.E. BUCHANAN and N.E. GIBBONS (eds): Bergey's Manual of Determinative Bacteriology, eighth edition, The Williams & Wilkins Co, Baltimore, 1974, pp. 490-515. (e validada en 1980), e o seu xénero tipo é Streptococcus.
Nesta familia hai varios axentes patóxenos importantes no xénero Steptococcus, pero tamén habitantes inofensivos dos intestinos de animais incluíndo os homes, algúns dos cales son economicamente importantes polas súas aplicacións. Varias especies do xénero Lactococcus utilízanse na fabricación de produtos lácteos.
Características microbiolóxicas Forma ovoide ou esférica (cocos). grampositivos Non forman endósporas Anaerobias facultativas Catalase negativas
Lista de xéneros Os membros da familia das Streptococcaceae foron determinados por análises das secuencias do ARNr 16S.
Segundo o NCBINational Center for Biotechnology Information (NCBI) (August 2008) comprende os seguintes xéneros: Lactococcus Schleifer et al. 1986 Lactovum Matthies et al. 2005 Streptococcus Rosenbach 1884
Notas
Véxase tamén
Categoría:Lactobacillales