John Richard Schlesinger, nado en Londres o 16 de febreiro de 1926 e finado en Palm Springs, California o 25 de xullo de 2003, foi un director de cinema inglés.
Traxectoria Nado nunha familia xudía de clase media comezou traballando como actor nos anos cincuenta, tanto en películas coma na televisión.
Comezou a dirixir nos sesenta, con documentais como Terminus, premiado en Venecia. O seu primeiro filme de ficción, A Kind of Loving gañou o Oso de Ouro de Berlín.
Cowboy de medianoite foi un éxito internacional, co que gañaría o Oscar ó mellor director.
Tras sufrir varios problemas cardíacos, finou en 2003.
Obra 1962 - A Kind of Loving 1963 - Billy Liar 1965 - Darling 1967 - Lonxe do mundanal ruído 1969 - Cowboy de medianoite 1971 - Domingo, maldito domingo 1975 - Como praga de langosta 1976 - Marathon Man 1979 - Yanks 1981 - Honky Tonk Freeway 1982 - Privileged 1985 - The Falcon and the Snowman 1987 - Os crentes 1988 - Madame Sousatzka 1990 - Pacific Heights 1993 - The Innocent 1996 - Eye for an Eye 2000 - The Next Best Thing
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Óscar ó mellor director