Edgar Isaac Seligman, nado en San Francisco o 14 de abril de 1867 e finado en Londres o 27 de setembro de 1958, foi un pintor e tirador de esgrima inglés, gañador de tres medallas olímpicas.
Traxectoria
Seligman naceu nos Estados Unidos de pais alemáns que acabaron por establecerse en Londres, onde adquiriu a cidadanía británica.Wills and Bequests - Print Collection for Museums" (Deaths). The Times (London). Friday, 30 January 1959. Issue 54372, col B, p. 15. Loitou na Guerra Boer co Imperial Yeomanry. Esgrimista de sona participou en cinco olimpiadas como membro do equipo de esgrima británico, e foi o único home en gañar o campionato británico nas tres armas dúas veces.fencingmuseum.com Carreira deportiva
Campionato Británico
Seligman foi o campión británico de espada en 1904 e 1906, de florete en 1906–1907 e de sabre en 1923 e 1924.
Xogos Intercalados
En 1906 competiu nos "Xogos Intercalados" de Atenas, logrando a medalla de prata co equipo de espada.
Xogos Olímpicos de 1908
Co Reino Unido como o país organizador en 1908, Seligman e os seus compañeiros de equipo gañaron a medalla de prata na competición de espada por equipos, tras derrotar a Bélxica e Dinamarca. Seligman non tivo éxito en espada individual, perdendo na primeira rolda.
Xogos Olímpicos de 1912
Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo, Seligman fooi o capitán do equipo británico, competindo en tres probas, chegando á final nas tres e gañando a prata en espada por equipos; en espada individual quedou sexto ao igual ca en florete.
Xogos Olímpicos de 1920
Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres foi de novo o capitán británico do equipo de esgrima, rematando sétimo na competición de florete por equipos e quinto en espada por equipos.
Xogos Olímpicos de 1924
Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, Seligman foi o capitán por terceira vez, nas primeiras tres roldas en florete individual gañou 12 dos 13 encontros chegando á final, pero por mor dun accidente mancou unha perna e tivo que retirarse.
Xogos Olímpicos de 1928 e 1932 Nos Xogos Olímpicos de 1928 e 1934 participou nas competicións artísticas de pintura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Olympics record
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Esgrimistas de Inglaterra Categoría:Esgrimistas olímpicos do Reino Unido Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Pintores de Inglaterra Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Artistas do Reino Unido