Luciano Yordi de Carricarte, nado na Coruña o 2 de abril 1917 e finado na mesma cidade o 28 de marzo de 1978, foi un enxeñeiro galego, deseñador de moitos dos encoros construídos en Galiza.
Traxectoria
miniatura|Presa do encoro de Cecebre. Fillo do enxeñeiro Luciano Yordi Menchaca e de Josefina de Carricarte. Estudou no instituto Eusebio da Guarda da Coruña e realizou a carreira de enxeñeiro de Camiños en Madrid. Traballou primeiramente para a Sociedad General Gallega de Electricidad, para a que deseñou o encoro do río Tambre en 1949. En 1955 a empresa para a que traballaba foi mercada por Fenosa da que chegaría a ser o subdirector en 1962. Traballando para Pedro Barrié de la Maza deseñou os encoros do Eume (1959), Belesar (1963), Velle, Castrelo de Miño (1969), Frieira, Albarellos, Salas e Regueiro. O encoro de Belesar ten unha altura 137,5 metros e foi unha obra pioneira na construción, cun muro de bóveda de dobre curvatura de formigón. Na súa construción traballaron presos políticos.
Para a Deputación da Coruña dirixiu as obras dos encoros de Cecebre, Meicende e Rosadoiro (Arteixo). Tamén traballou no viaduto de Catoira, que une as provincias da Coruña e Pontevedra. Foi un dos promotores da construción da Refinaría de Repsol da Coruña e do Aeroporto de Alvedro. Fundou a empresa Elaborados Metálicos (Emesa).
Recoñecementos En 1962 o concello da Coruña concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito. Unha rúa da Coruña, en Matogrande, leva o seu nome.Recuerdo para el legado dejado por el ingeniero Luciano Yordi
Notas
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados na Coruña