A herba benta (Valeriana officinalis), tamén chamada valeriana menor ou herba dos gatosTermos esenciais de botánica Santiago de Compostela, Universidade, 2004. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991, é unha herbácea perenne, pertencente á familia das Valerianáceas.
Nativa de Europa e algunhas partes de Asia, foi introducida en América do Norte. É moi común nos bosques húmidos na beira de regueiros e ríos, dende as chairas até as zonas submontañosas. En Galiza abunda nos prados a carón dos ríosWeb de Ríos Galegos - http://www.rios-galegos.com/plan71.htm#Frundo_ou_Mirto_de_Barbante._, emprégandose coma menciña dende a antigüidade, de aí o seu nome vulgar de herba benta (bieita).
En farmacoloxía e fitoterapia empréganse os órganos subterráneos (rizomas, raíces e estolóns) ou habitualmente os seus fitoextractos. Se se moe ten unha cor parda clara e un fedor típico penetrante que lembra ao queixo curado.
As larvas dalgúns lepidópteros (bolboretas e avelaíñas) aliméntanse dela.
Descrición miniatura É unha planta perenne moi variábel co talo simple que acada os 20–120 cm de altura. Os rizomas son ovoides ou cilíndricos de 3–5 cm, cor cinsenta-amarelenta, cubertos por moitas raíces de pequeno diámetro, case cilíndricas e da mesma cor ca o rizoma. As follas son pinnadas con folíolos dentados. As flores son miúdas de cor rosa pálida, xorden nun mesto corimbo terminal en primavera e no verán.
Micromorfoloxía fragmentos de parénquima Células resinosas pardas. Vasos condutores Grans de amidón, simples ou compostos, ás veces dilo estrelado. Células pétreas rectangulares.
Composición química Óleo esencial: 0,5%, de composición moi variábel. Sesquiterpenos: os máis importantes son os ácidos valerénico e acetoxivalerénico. Iridoides: son típicos da valeriana e reciben o nome de valepotriatos.
Propiedades É un dos grandes fármacos para o equilibrio nervioso. Úsase moito coma sedante e calmante no histerismo, manifestacións neurasténicas (insomnio, neurose, chambras abdominais (cólicos), hiperexcitabilidade etc.), nas alteracións menopáusicas e como antiespasmódico en sentido lato. Emprégase en trastornos convulsivos con bos resultados, soa ou asociada a anticonvulsivantes. Nalgunhas mulleres o seu uso como sedante suave pode ter o efecto oposto, provocando excitación.
Ten efectos psicoactivos sobre o comportamento dos gatos, que semellan ser pracenteiros xa que o seu cheiro atrainos para a consumir, de aí o nome vulgar galego de herba dos gatos.
O extracto fermentado de valeriana ou a súa infusión aplícase foliarmente en agricultura ecolóxica para protexer as plantas das xeadas serodias.
Historia O seu uso coma herba medicinal remóntase polo menos á antiga Grecia e ao Imperio romano. Hipócrates describiu as súas propiedades, e Galeno, posteriormente, prescribiuna coma menciña contra o insomnio. Na Suecia medieval, ás veces colocábase na roupa de voda do noivo para evitar a "envexa" dos elfos.Thorpe, Benjamin; Northern Mythology, Vol. 2, pp. 64-65 Tense usado tamén coma engado para as ratas.
Sinonimia Valeriana angustifolia Tausch Valeriana collina Wallr. Valeriana officinalis subsp. collina (Wallr.) Nyman Valeriana rossica P.A.Smirn. Valeriana spryngini P.A.Smirn. Valeriana tenuifolia Vahl Valeriana turuchanica Kreyer Valeriana ucrainica Demjan. Valeriana wallrothii KreyerSinónimos en Real Jardín Botánico Nomes comúns Herba benta (herba bendita); Virbiriana, verberiana, verliana, virviriana; Valeriana menor, valeriana común, valeriana oficinal ou valeriana medicinal; Herba dos gatos.Nomes vulgares e dialectais galegos en Dicionario de Dicionarios da Universidade de Santiago de Compostela - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Valeriana+officinalis&tipo_busca=cientifico
Notas
Véxase tamén Outros artigos Valeriana (xénero) Valeriana vermella
Ligazóns externas
Valeriana na We de Ríos Galegos, con fotos da planta en Galiza Valeriana en AAFP (en inglés) Fitoquímicos an valeriana (en inglés)
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Valeriana Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Raíces e tubérculos comestibles