Corte, lugar cuberto onde se garda o gando, loxa. Corte, residencia do rei, palacio, pazo.
Institucións Corte nobre, o conxunto de persoas que compoñen a familia e acompañantes do rei. Por extensión, poboación onde habitualmente vive o soberano dunha monarquía. Oficios de Corte, oficios que se desempeñaban nas Cortes Reais. As Cortes, ou cámaras lexislativas (Congreso e Senado). Neste caso escríbese en plural e con maiúscula inicial. Corte ou Tribunal de xustiza Corte constitucional, órgano que ten ao seu cargo facer efectiva a primacía da Constitución. Corte suprema, órgano que ofrece as funcións dun tribunal de última instancia. Corte de apelación, tribunal de xustiza que ten competencia para coñecer os recursos de apelación. Corte de casación , órgano xudicial encargado de coñecer e arranxar os recursos de casación. Corte marcial, denominación usada para designar aos tribunales militares. Corte Penal Internacional, tribunal de xustiza internacional con sede na Haia. Corte Internacional de Justicia, principal órgano xudicial das Nacións Unidas.
Xeografía Corte, vila e comuna francesa situada na Alta Córsega. Corte Madera, vila non incorporada no condado de Marin, California. Corte Franca, vila e comuna italiana da provincia de Brescia. Corte Brugnatella, municipio italiano situado no territorio da Provincia de Piacenza. Corte Palasio, vila e comuna italiana da provincia de Lodi. Corte de' Frati, vila e comuna italiana da provincia de Cremona. Corte Culebra, val feito polo ser humano que atravesa a liña divisoria continental no Panamá.
A Corte do Mato, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza Cesuras.
Xeitos de cortar un material Corte, bordo afiado dun instrumento que corta, fío, gume. Corte, acción e efecto de cortar ou cortarse, corta, cortada, cortadura, tallo. Corte con chorro de auga, proceso mecánico de corte facendo impactar un chorro de auga a gran velocidade. Corte por arco-aire, proceso de mecanizado polo que se practica o corte por un potente chorro de ar a presión. Corte por plasma, proceso de corte de metais por medio de plasma. Corte con láser, técnica de corte caracterizada en que a súa fonte de enerxía é un láser.
Resultado de cortar ou obter seccións Corte, representación do interior dun corpo tal como resultaría ao cortalo por un plano, sección. Corte e confección, técnicas para a confección téxtil ou oficio do xastre e o modista. Corte de carne, filete. Corte de cabelo, acurtamiento ou modificación do tipo de peiteado. Corte de inxección, interrupción controlada da subministración de combustíbel a un motor de combustión interna. Corte de xeado, un tipo de presentación dos xeados. Tomografía (véxase tamén microtomo). Esforzo cortante, ou de corte, esforzo resultante das tensións paralelas á sección transversal dunha trabe, piar ou semellante. En moda e calzado, a feitura dunha peza de roupa ou calzado. Tamén o anaco de tea coa que se pode confeccionar unha peza de roupa. Carácter ou estilo dunha persoa ou cousa.
Outros usos El Corte Inglés, o primeiro grupo de distribución de España. Corte Real, familia de navegantes portugueses que acadaron fama por facer expedicións a América do Norte Corte dos Milagres, zona do París medieval morada de mendicantes, ladróns e prostitutas
Véxase tamén Outros artigos