Hrafn Gunnlaugsson, nado en Reiquiavik o 17 de xuño de 1948, é un director de cine islandés. É irmán da actriz Tinna Gunnlaugsdóttir.

Xeralmente é coñecido polas películas e series sobre Viquingos, na súa maior parte con influencia do cine western, como no caso da triloxía, chamada Triloxía do corvo, comezada pola película Hrafninn flýgur (Cando os corvos voan) que se inspira na chamada triloxía do dólar, do director Sergio Leone, e polo tanto ten as súas raíces na película Yōjinbō, do director xaponés Akira Kurosawa. A serie complétana Í skugga hrafnsins e Hvíti víkingurinn.

Está casado con Edda Kristjánsdóttir e ten catro fillos: Kristján, quen é poeta e guionista; Tinna quen é actriz; Sol e Örk, que naceu en 1993.

Filmografía Cine Óðal feðranna (1981) Okkar á milli: Í hita og þunga dagsins (1982) Hrafninn flýgur (1984) Í skugga hrafnsins (1988) Hvíti víkingurinn (1991)http://eldrakkar.blogspot.com.es/2009/09/trilogia-vikinga-de-hrafn-gunnlaugsson.html Hin Helgu vé (1993) Myrkrahöfðinginn (2000) Opinberun Hannesar (2004)

Para televisión Áramótaskaup (película; 1974) Góða veislu gjöra skal (película; 1975) Blóðrautt sólarlag (película; 1977) Undir sama þaki (serie; 1977) Lilja (película; 1978) Bödeln och skökan (película; 1986) Allt gott (curta; 1992) Þegar það gerist (película; 1998) Reykjavík í öðru ljósi (documental; 2000)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Nados en 1948 Categoría:Directores de cinema de Islandia