Thomas Leo McCarey, nado nos Ánxeles (California) o 3 de outubro de 1898 e finado a poucos quilómetros de alí, en Santa Monica o 5 de xullo de 1969, foi un director de cinema, guionista e produtor estadounidense.

Traxectoria Comezou a súa carreira no cinema como axudante do director Tod Browning nos anos vinte. Durante toda a década escribiu multitude de guións e dirixiu algunhas curtametraxes. Nos anos seguintes xa dirixiu filmes longos, con algunhas das maiores estrelas do momento, como os Irmáns Marx, Mae West ou Harold Lloyd. Gañou en dúas ocasións o oscar ao mellor director, por The Awful Truth e Going My Way.

Obra McCarey dirixiu ao longo da súa carreira unhas duascentas películas, entre elas: Duck Soup (1933) Ruggles of Red Gap (1935) The Milky Way (1936) The Awful Truth (1937) Love Affair (1939) Going My Way (1944) The Bells of St. Mary’s (1945) Un inolvidable amor (1957)

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Óscar ó mellor director